formación profesional
CIFP  VILAMARIN



Presentacion Historia

Historia

1. O MEDIO NATURAL. SITUACIÓN.


O IES de Vilamarín está situado na localidade de Borulfe, pertencente ó concello de Vilamarín, a 17 Km. da capital da provincia, entre a Serra Martiñá, os montes de Orbán e o castro de Sta Águeda.

O concello de Vilamarín abrangue unha superficie de 56 Km2 e conta con 2.500 habitantes aproximafamente. Comprende as parroquias de Boimorto, Pazos de Monte, León, Orbán, Reádegos, Río, Sobreira, Tamallancos e Vilamarín. Limita o Sur, o Leste e o Oeste cos concellos Ourensáns de Amoeiro, de A Peroxa, Coles e de San Cristovo de Cea e ó Norte co Concello Lucense de Carballedo.

A estrada N-525 comunica o Concello coa capital da Provincia (Ourense) e a Capital Autonómica (Santiago) e a estrada N-540 faino con Lugo.

Distancia do centro con respecto ás principales cidades Galegas:

A Coruña: 134 Km.
Ferrol: 146 Km.
Lugo: 76 Km.
Ourense: 16 Km.
Pontevedra: 84 Km.
Santiago: 88 Km.
Vigo: 97 Km.


2. CONTEXTO SOCIOECONÓMICO.

Aínda que a agricultura foi durante séculos o rasgo esencial que definía este municipio, na actualidade xa queda pouca xente que viva exclusivamente dela, a maioría cultivan só para autoconsumo, predominando os cultivos de millo, patacas e centeo. Tamén existe unha representación de cultivos de invernadoiro, centrada básicamente na producción de flor e hortalizas.

A actividade gandeira céntrase na producción de carne, leite e ovos, sendo tamén importante a presencia ó noso lado dunha granxa ecuestre.

Nos últimos anos, Vilamarín viviu unha  renovación coa creación do Parque Empresarial, que sumado a presenza de industrias transformadoras de madeira fan que o concello teña xa un pequeno tecido industrial.

 


logos

© 2010 CIFP de Vilamarin | RSS Feed | Privacidade | Aviso legal | Deseño orixinal de styleshout, maquetación e programación de Grupo5.com